Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a coordinación de actuacións de impulso de empresa dixital e profesionalización das pemes

Convenio de Colaboración asinado o 14 de agosto de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica

14/08/2018

A través do presente convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Amtega e o Igape para o financiamento conxunto do contrato, que se leve a cabo para o desenvolvemento e execución das seguintes actuacións:

  • Servizos de asesoramento especializado para o desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e incorporación efectiva e continua das TIC nos sectores produtivos de Galicia, apostando pola modernización e innovación coa finalidade de incrementar a competitividade e a produtividade e asegutar o crecemento sustentable.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A achega económica da Amtega neste convenio será de ata un máximo de 1.200.320€, cofinanciados nun 80% polo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 1.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o momento que se extingan os contratos formalizados dos distintos lotes, con data límite do 30 de xuño de 2022, sen prexuízo das posibles prórrogas por períodos anuais ata un máximo de 4 anos.