Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para o desenvolvemento dun proxecto de innovación tecnolóxica no marco do plan de impulso aos contidos dixitais en Gal

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para o desenvolvemento dun proxecto de innovación tecnolóxica no marco do plan de impulso aos contidos dixitais en Galicia cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

Convenio de Colaboración asinado o 19 de xullo de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Convenio de Colaboración asinado o 19 de xullo de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.


A través do presente convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Amtega e a Corporación RTVG para levar a cabo as seguintes actuacións:

  • Desenvolvemento dun proxecto de innovación tecnolóxica no ámbito das novas tendencias en contidos interactivos, con aplicación no ámbito da educación primaria e secundaria.
  • Desenvolvemento dun proxecto de análise de datos para a creación de canles multimedia audiviosuais adaptadas aos comportamentos dos usuarios.

O desenvolvemento destas actuacións ten como obxectivo acadar a configuración de solucións que adopten as posibilidades audiovisuais e tecnolóxicas que ofrece o mercado e permitan engadir valor á produción e distribución de contidos dixitais, así como dinamizar o ecosistema dixital na comunidade Autónoma de Galicia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A achega económica da Amtega neste convenio será de ata un máximo de 1.780.000€, cofinanciados nun 80% polo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 1.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata un prazo máximo de catro anos. O presente convenio poderá prorrogarse por acordo expreso das partes por un período máximo de catro anos.