Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade Rías Baixas de Comunicación S.A. para a realización de diversas accións divulgativas e informativas relacionadas con iniciativas da Axenda Dixital de Galicia 2020 e proxectos de transformación dixital en Galicia
Convenio de Colaboración asinado o 2 de febreiro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade Rías Baixas de Comunicación S.A.
Convenio de Colaboración asinado o 2 de febreiro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade Rías Baixas de Comunicación S.A.
A través da sinatura do presente convenio entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade RÍAS BAIXAS DE COMUNICIÓN S.A. establécese o compromiso de colaborar na realización de diversas accións divulgativas e informativas relacionadas coa Axenda Dixital de Galicia 2020 e outras iniciativas de transformación dixital na comunidade.
As accións de divulgación e demais accións que serán levadas a cabo, así como as obrigas das entidades participantes e máis o orzamento asignado ás devanditas accións recóllense no documento correspondente.
Este convenio manterá a súa vixencia ata o 15 de decembro de 2018.
As actuacións deste convenio suporán para a Amtega unha achega de ata un máximo de 2.977,11 euros.