Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Redes de Telecomunicación Galegas RETEGAL, S.A. para a xestión e desenvolvemento de tarefas vinculadas ao proxecto Lifetec

Convenio de colaboración asinado o 21 de decembro de 2019 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Redes de Telecomunicación Galegas RETEGAL, S.A.

21/12/2018


O presente convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre AMTEGA e RETEGAL para a coordinación e desenvolvemento das actuacións do LIFE Agreement asinado por todas as partes.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Amtega traspasará os importes recibidos pola Comisión ao seu medio propio RETEGAL para a execución das actuacións previstas neste convenio coa debida xustificación e acreditación da súa execución, con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os seguintes importes e anualidades:

  • Ano 2018: 25.199,10€
  • Ano 2019: 33.598,80€
  • Ano 2020: 25.199,10€

O importe total dos pagamentos a realizar a RETEGAL será igual á suma dos importes dos contratos derivados das actuacións realizadas en execución do presente convenio, así como dos días de traballo xustificados, estando RETEGAL na obriga de xustificar o 100% do importe executado no momento en que estean rematados os traballos. A data límite de xustificación de cada anualidade será a do 1 de setembro de cada anualidade.
O importe máximo a executar e a súa eventual xustificación por parte de RETEGAL é de 136.800,00 € - (IVE non incluído).

A duración do presente convenio será ata o día 30 de setembro de 2020, sen prexuízo da súa prórroga expresa ata un máximo de 4 anos dende a data da súa sinatura, formalizada con antelación á finalización do período correspondente.