Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade Faro de Vigo, S.A.U. para a realización de diversas accións divulgativas e informativas relacionadas coa Axenda Dixital de Galicia 2020 e iniciativas de transformación dixital na comunidade

Convenio de Colaboración asinado o 2 de febreiro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade Faro de Vigo S.A.U.

02/02/2018

A través da sinatura do presente convenio entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade Faro de Vigo S.A.U. establécese o compromiso de colaborar na realización de diversas accións divulgativas e informativas relacionadas coa Axenda Dixital de
Galicia 2020 e iniciativas de transformación dixital na Comunidade.

As actividades e accións que serán levadas a cabo, así como as obrigas das entidades participantes e máis o orzamento asignado ás devanditas accións recóllense no documento correspondente.

Este convenio será vixente ata o 15 de decembro de 2018.

As actuacións deste convenio suporán para a Amtega unha achega de ata un máximo de 56.641,34 euros.