Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consello Consultivo de Galicia relativo á prestación de servizos dixitais

Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consello Consultivo de Galicia relativo á prestación de servizos dixitais

Convenio de Colaboración asinado o 22 de marzo de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consello Consultivo de Galicia

Convenio de Colaboración asinado o 22 de marzo de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consello Consultivo de Galicia

O presente convenio ten por obxecto sentar as bases de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Consello Consultivo de Galicia para a prestación de servizos TIC corporativos. Deste xeito, a Amtega prestará os servizos en materia de tecnoloxías da información e das comunicación de acordo ao contrato plurianual de xestión da dita Axencia e os correpondentes plans de acción anuais.

A Amtega comprométese a manter operativas no seus actuais entornos de produción as aplicacións do Consello Consultivo de Galicia, dentro dos límites orzamentarios ou de adicación establecidos en cada caso. A prestación de novos servizos ou a ampliación dos actualmente existentes requirirá da formalización da correspondente addenda a este convenio. No que respecta ao Consello Consultivo, asumirá a financiación das actuacións e a supervisión do cumprimento das actividades previstas.

O presente convenio terá unha duración inicial de 4 anos, sen prexuízo da súa prórroga expresa ata un máximo de 4 anos, formalizada con antelación á finalización do período correspondente.

Este convenio non supón custo económico algún para a Amtega.