Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a realización de actividades de promoción, formación e concienciación en materia de ciberseguridade.

Convenio de colaboración asinado o 27/05/2023 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

27/05/2023

O obxecto deste convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Amtega e o CPEIG para a realización de actuacións de promoción, formación e concienciación en materia de ciberseguridade, en concreto, para a realización da terceira edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal como evento integrador que aglutinará novamente a entidades referentes neste campo como o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), ás principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da Comunidade, e a axentes crave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento. A través do mesmo levaranse a cabo actividades no marco do Encontro CIBER.gal destinadas ao colectivo empresarial, con charlas, paneis de debate e obradoiros de ciberseguridade. Así mesmo, realizaranse actividades dirixidas á cidadanía de interese para os menores, familia e perfís con interese de especialización no ámbito da ciberseguridade.


Tamén se realizarán actividades destinadas aos profesionais das administracións públicas galegas autonómica, provincial e local, informando sobre os riscos actuais de ciberseguridade e do modo de facerlles fronte.


Nesta  terceira edición que se celebrará no ano 2023, o III Encontro CIBER.gal estenderá as súas actividades á provincia de Ourense, onde se construirá o Centro de Excelencia en Ciberseguridade (o CECIGA) promovido pola Xunta de Galicia para converterse na icona da innovación e da investigación en ciberseguridade da comunidade galega. Este espallamento de actividades formúlase como complementariedade ás programadas para o mes de novembro en Santiago de Compostela, consolidando así a data e lugar das anteriores edicións da xuntanza.

Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030, así como nos obxectivos e liñas de actuación do “Centro de innovación e competencia en ciencias da saúde, transporte intelixente, industria conectada e excelencia operativa” do Programa RETECH, que conta, entre outras, cunha liña de acción transversal denominada “Cultura e talento de ciberseguridade” que ten como un dos obxectivos prioritarios sensibilizar a sociedade e comunidade sobre os riscos tecnolóxicos e fomentar as habilidades humanas en relación co ámbito cibernético.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como os deberes que deberán ser asumidos por ambas as partes para o cumprimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Amtega colaborará na realización do obxecto do convenio cunha achega máxima de sesenta mil euros (60.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 07.A1.571A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2023.