Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do Software Libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos en Galicia

Convenio de colaboración asinado o 02/06/2023 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre

02/06/2023


O presente Convenio de Colaboración entre a Amtega e Agasol ten por obxecto a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do software libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos en Galicia, para o fomento da Sociedade da Información en Galicia.
Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital  2030.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como os deberes que deberán ser asumidos por ambas as partes para o cumprimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A achega económica outórgase ao amparo do disposto no Regulamento (CE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, (DOUE 24/12/2013, L352/1), quedando condicionada polo establecido na normativa comunitaria sobre esta materia.

O orzamento de gasto estimado para o desenvolvemento das actuacións deste convenio é o seguinte:

Proxecto                                   

Importe

1. Xornadas empresariais - como xestionar unha empresa usando software libre

15.000,00  €

2. Encontros sectoriais e encontros formativos

13.000,00  €

3. Revisión e actualización do Mapa TIC

7.000,00  €

4. Entrega do equipamento doado pola rede Cemit

0

5. Reacondicionamento do material informático  para o fomento do uso do software libre e impulso ao ecosistema galego de reciclaxe de equipamento informático.

23.000,00 €

TOTAL*

58.000,00 €

* Inclúe os gastos xerais de Agasol vinculados directamente á execución das actuacións recollidas na táboa anterior, ata un límite do 10% do total do importe.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de  2023 sen prexuízo da obriga de manter o equipamento cedido de conformidade coa cláusula segunda, punto 4, destinado ao fin que xustifica a cesión cando menos durante 4 anos, de conformidade co disposto no artigo 85.4 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.