Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia para o apoio ás actividades en materia de software libre
Convenio de colaboración asinado o 24/05/2023 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia
O presente Convenio de colaboración entre a Amtega e o CIXUG ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia.
Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como os deberes que deberán ser asumidos por ambas as partes para o cumprimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
O orzamento estimado de gasto para o desenvolvemento da actuación prevista no convenio é o seguinte:
Proxecto |
Importe |
---|---|
Premio ao mellor traballo universitario con licenza libre |
9.000,00 € |
Xornadas de divulgación e Puntos de información |
26.000,00 € |
TOTAL |
35.000,00 € |