Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Telefónica Móviles España S.A.U. para a mellora das condicións de cobertura de telefonía móbil en zonas urbanas e pricipais vías de comunicación de Galicia

A través do presente Convenio de colaboración entre a AMTEGA e Telefónica, asinado o pasado 20 de xullo de 2012, establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre as partes asinantes para o impulso da mellora da cobertura de telefonía móbil en zonas urbanas e principais vías de comunicación de Galicia

20/07/2012

A directora da Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, asinaron en Santiago de Compostela o pasado 20 de xullo de 2012 un convenio de colaboración para mellorar a cobertura móbil en zonas urbanas e nas principais vías de comunicación galegas.

Este convenio forma parte dos compromisos adquiridos por Telefónica no marco do Plan de Banda Larga de Xunta de Galicia -onde a Compañía dispón de máis de 1.000 estacións base e unha porcentaxe de cobertura da poboación do 99%-. No marco deste compromiso, Telefónica xa realizou diferentes actuacións nestes últimos meses, cuxos resultados son xa visibles en varios puntos da AP-9, onde se detectaran problemas de cobertura que a miúdo teñen que ver con dificultades administrativas para instalar as estacións base. Neste sentido, no convenio rubricado, indícase que dende a Xunta se facilitará, na medida do posible, a interlocución con aquelas administracións coas competencias de autorización precisas para que Telefónica poida levar a cabo as intervencións requiridas.

Pola súa banda, Telefónica continuará os traballos iniciados para mellorar a calidade da cobertura en puntos das principais vías de comunicación e cidades galegas, que se irán fixando nas sucesivas comisións de seguimento do convenio.

Organismo promotor: AMTEGA, Telefónica Móviles España S.A.U.