Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias relativo á posta a dispor da rede CeMIT para facilitar a realización dos exames correspondentes ao curso universitario
Convenio de colaboración asinado o 28 de maio de 2020 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias
O presente convenio ten por obxecto sentar as bases da colaboración entre a Amtega, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a posta a disposición das tres universidades galegas da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) coa finalidade de facilitar a realización do s exames cor respondentes ao curso universitario.
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
O presente convenio non comporta obrigas económicas para as partes asinantes.
O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2020, sen prexuízo da súa prórroga mediante acordo expreso das parte s por períodos de seis meses ata un máximo de dúas anualidades.