Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e R cable y telecomunicaciones Galicia, S.A.U. para o desenvolvemento do programa de aceleración tecnolóxica “startups R DICo challenge” no marco do plan de impulso aos contidos dixitais en Galicia (DICO Mindset)

Convenio asinado o 29 de novembro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e R cable y telecomunicaciones Galicia, S.A.U.

29/11/2018

O presente Convenio ten por obxecto sentar as bases da colaboración entre a Xunta de Galicia e R para o deseño, desenvolvemento e lanzamento da iniciativa “startups R” que establecerá actuación nos seguintes ámbitos:

  • Creación e dinamización dun espazo denominado “startups R”, con sede en Santiago de Compostela nas dependencias dos edificios xestionados pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
  • Establecemento e impulso do programa “startups R DiCo Challenge” coa finalidade de apoiar proxectos de emprendemento desenvolvidos por emprendedores, pemes de recente creación , empresas consolidadas e outras entidades con propostas de valor relacionadas co ámbito dos contidos dixitais en Galicia.

O presente Convenio encádrase dentro das iniciativas e compromisos adquiridos dentro do Protocolo de colaboración para a cooperación entre a Xunta de Galicia e o Sector TIC para o desenvolvemento Dixital de Galicia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

Para o financiamento do apoio a proxectos na fase de aceleración, a Xunta de Galicia, a través da Amtega, financiará esta actuación ata o importe máximo de 20.000 €, con cargo ás aplicacións orzamentarias que se indican, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata 31 de decembro de 2019, sen prexuízo das posibles prórrogas (por períodos anuais ata o máximo de 4 anos) que poidan acordarse nas que necesariamente figurará o financiamento correspondente.