Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Instituto Aragonés de Emprego (Inaem) para a cesión gratuíta do uso do programa informático "Sistema xestión de cooperativas, centros especiais de emprego e sociedades laborais" (COCESO).

Convenio de Colaboración asinado o 7 de setembro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Instituto Aragonés de Emprego (Inaem)

07/09/2018

Mediante o presente convenio a Amtega cede ao Inaem o uso gratuíto do programa informático "Sistema de Xestión de Cooperativas, Sociedades Laborais e Centros Especiais de Emprego" (COCESO) para a súa implantación e utilización polo Inaem no ámbito da Comunidade Autónoma de Aragón.

A cesión non leva ningunha responsabilidade para a Amtega en canto a eventuais problemas por erros na configuración da aplicación ou funcionamento da mesma, sen que en ningún caso poida haber lugar á esixencia de responsabilidades por parte do INAEM á Amtega como consecuencia de eventuais erros ou non conformidades no funcionamento da aplicación.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

O presente convenio non supón obrigas económicas para a Amtega.

O presente terá vixencia dende a data da súa sinaturane estenderase catro anos contados a partir da data da súa subscrición, sen prexuízo das posibles prórrogas que se poidan acordar, a través da correspondente adenda, con carácter anual até un máximo de 4 anos adicionais á vixencia do Convenio.