Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Instituto Galefo de Estatística (IGE) para a optimización das operación estatísticas no ámbito da sociedade da información: fogares e empresas

O presente Convenio de colaboración entre a AMTEGA e o IGE, asinado o pasado 19 de outubro de 2012, ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración, entre os dous organismos, para a integración dos indicadores da sociedade da información na poboación de Galicia dentro da enquisa de “condicións de vida” realizada polo IGE e para a obtención de datos sobre o desenvolvemento da sociedade da información nas empresas de Galicia, facilitados polo IGE, no marco da “enquisa de uso TIC e comercio electrónico nas empresas” realizada polo instituto Nacional de Estatística.

Estas actuacións están destinadas á integración dos indicadores da sociedade da información no ámbito da poboación realizarase a través de dúas vías: a) con carácter anual, incluirase un conxunto de indicadores relativos á sociedade da información na poboación de Galicia e b) cada cinco anos, recollerase na devandita enquisa un módulo amplo sobre as novas tecnoloxías na poboación de Galicia.

A colaboración, a través do IGE, na enquisa de uso TIC e comercio electrónico nas empresas no INE concentrarase na obtención de datos específicos sobre o uso e penetración da sociedade da información nas empresas de Galicia e empresas multilocalizadas (con sede fóra de Galicia pero con establecementos en Galicia).

Así mesmo, esta colaboración permitirá continuar realizando a actualización do sistema de indicadores da sociedade da información de Galicia con carácter anual.

Organismo promotor: AMTEGA e IGE