Convenio de colaboración en materia de administración electrónica entre a Junta de Andalucía e a Xunta de Galicia
Neste convenio, ambas as dúas comunidades comprométense a fomentar e dirixir actuacións encamiñadas a informar e acercar os medios da Administración electrónica á cidadanía. Para isto cederanse mutuamente as plataformas de Administración electrónica.
Estas actuacións e ferramentas permiten, entre outras cuestións, unificar a xestión dos documentos recibidos por internet, así como dispoñer dunha ferramenta informática de notificación para unha mellor comunicación cos seus usuarios. Este impulso podería servir no caso de Galicia para fomentar a cooperación na Administración electrónica coa Administración local galega, xa que o acordo prevé a posibilidade de anexión das entidades locais de Galicia.
Asinan o convenio, en Sevilla a 12 de xuño de 2008, a conselleira de Xustiza e Administración Pública, en representación da Junta de Andalucía, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en representación da Xunta de Galicia.