Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio bilateral de colaboración entre a entidade pública empresarial Red.es e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento do programa "TIC TAC Galicia"

O obxecto do presente Convenio é a realización de actuacións para o desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia a través do uso efectivo das novas tecnoloxías no ámbito dos servizos para a cidadanía, tales como servizos sociais, servizos prestados en centros de acceso público a internet, servizos de emprego, etc..., é dicir, todos aqueles centros que prestan un servizo público á cidadanía.

28/09/2009

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a entidade pública empresarial Red.es asinaron hoxe, día 28 de setembro de 2009, un Convenio bilateral de colaboración entre a entidade pública empresarial Red.es e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento do programa "TIC TAC Galicia".

O obxecto do presente Convenio é a realización de actuacións para o desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia a través do uso efectivo das novas tecnoloxías no ámbito dos servizos para a cidadanía, tales como servizos sociais, servizos prestados en centros de acceso público a internet, servizos de emprego, etc..., é dicir, todos aqueles centros que prestan un servizo público á cidadanía.

Asinaron o mencionado Convenio a secretaría xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o director xeral da entidade pública empresarial Red.es.

 

Organismo promotor: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e Xunta de Galicia