Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Balance Plan de Modernización 2010-2013 - Perspectivas 2016

O Plan de modernización puxo en marcha proxectos destinados a potenciar o desenvolvemento dos servizos de Administración electrónica na propia administración e os que ofrece esta para a cidadanía. A seguinte fase do plan, deberá consolidar estas iniciativas

07/03/2014

Nos últimos catro anos a Administración pública galega asumiu o reto de situarse como un referente na prestación de servizos de calidade e innovadores. Inicialmente déuselle prioridade ao cumprimento da lexislación, satisfacer as demandas dos cidadáns e aumentar os niveis de produtividade. Con todo, a medio e longo prazo, debe asumir un papel de impulsor e dinamizador dos axentes sociais e económicos para seguir un proceso de mellora continua que permita a Galicia competir nun marco económico globalizado e manter a sociedade do coñecemento.

Así, o deseño dun novo Plan de modernización permitirá evolucionar e consolidar as medidas desenvolvidas desde 2010 cara a unha verdadeira administración electrónica; unha folla de ruta para seguir afondando na administración electrónica e na modernización da Administración autonómica. En definitiva, unha Xunta máis eficiente, con cada vez menos papeis e aberta as 24 horas, os 365 días do ano.

Como retos para o período 2014-2016, o novo plan establece como obxectivo prioritarios completar a simplificación dos procedementos administrativos, para que a relación de calquera cidadán coa Xunta se poida facer vía internet e con menos trámites (pasar do 4% dos trámites que se podían xestionar online en 2010 ao 100% no ano 2016); implantar o sistema de rexistro único nas 500 oficinas de rexistro; e poñer en marcha o servizo de notificacións electrónicas.

Organismo promotor: AMTEGA