Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Balance do Plan De Acción Software Libre - Ano 2013

A continuación recóllese a presentación do balance de situación do plan de acción en materia de Software libre do ano 2013, no que se poden comprobar os fitos alcanzados nese período, así como os avances máis salientables de cada un dos proxectos.

05/02/2014

Unha vez finalizado o ano 2013, a Xunta de Galicia en materia de Software libre bota a mirada atrás para facer balance do Plan de Acción de Software Libre do 2013.

A Xunta de Galicia, a través da AMTEGA, vén apostando desde o ano 2010 por manter un firme compromiso para a promoción e difusión do Software Libre como excelente ferramenta para a consecución dos obxectivos de modernización da administración, fomento das tic no ámbito empresarial e alfabetización e capacitación dixital da cidadanía.

O plan de acción en materia de Software Libre en 2013 supuxo a realización de 152 actuacións de fomento e difusión do Software Libre, das cales 101 realizáronse en colaboración coas asociacións galegas de usuarios de software libre, a asociación de empresas de software libre, as tres universidades e o colexio profesional de enxeñeiros de informática.

Ademais durante o ano 2013 acadáronse importantes avances no fomento do software libre no despregue de novos servizos así como na homoxeneización das infraestruturas tecnolóxicas da AMTEGA.

Formáronse unhas 27.500 persoas en materias relacionadas con software libre nun total de 27.000 horas a través das entidades públicas competentes en materia formativa así como en colaboración cos axentes externos.

Por suposto esta labor a prol do software libre non acadaría os resultados que vén acadando ano tras ano, sen contar co apoio e colaboración dos diversos axentes galegos promotores do software libre como son as Asociacións de usuarios de Software Libre de Galicia (AGUSL), Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL), a Oficina de Software Libre do CIXUG, o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG), etc.

Para máis información pode consultar o documento co Balance do ano 2013.

Balance plan de acción software libre 2013

Documentos relacionados:
Organismo promotor: Amtega