Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Balance do Plan de acción en materia de Software Libre ano 2012

A continuación recollemos o balance de situación do plan de acción en materia de Software libre do ano 2012, no que se poden comprobar os fitos alcanzados nese período por parte das entidades colaboradoras.

11/08/2013

Unha vez finalizado o ano 2012, a Xunta de Galicia en materia de Software libre bota a mirada atrás para facer balance do Plan de Acción de Software Libre do 2012.

No documento do Balance do Plan de Acción de Software Libre do 2012, pódese observar o avance dos diferentes proxectos en materia de Software Libre na Xunta de Galicia, como son o Proxecto Abalar, a Rede CeMIT, o Centro Demostrador TIC, o MapaTIC.gal, e o proxecto Ekiga…

Tamén durante o 2012 realizouse unha difusión internacional dos devanditos proxectos, realizando eventos coma GUADEC e a Libre Software World Conference , e contando coa visita a Galicia de grandes celebridades do mundo do Software Libre como Federico Mena (Co-fundador de GNOME), Bruce Perens (co-fundador da Open Source Initiative) ou John Sullivan (director executivo da Free Software Foundation), así como varios centos de hackers internacionais do software libre.

Para máis información pode consultar o documento co balance do plan FLOSS 2012:

Organismo promotor: Amtega