Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Balance do Plan de acción en materia de software libre ano 2011

O balance do plan de acción 2011, no que poderá comprobarse que non só se levaron a cabo as actuacións previstas con excelentes resultados, nun escenario de crise como o actual, senón que grazas á labor de coordinación que está a realizar a Oficina de Coordinación FLOSS e ao estímulo mutuo cos diversos axentes, estase conseguindo un incremento da eficiencia da inversión e un maior retorno de ditas accións, como pode demostrar a evolución dos principais indicadores de uso de software libre dende o ano 2008, destacando un incremento de 30 puntos porcentuais no uso do Software Libre nas pemes galegas e un incremento de 50 puntos porcentuais no uso de Software Libre no equipamento da Xunta de Galicia.

14/05/2012

En 2010 a Xunta de Galicia puxo en marcha o Plan de Acción en materia de software libre e de fontes abertas con obxectivo de fomentar en Galicia a utilización de tecnoloxías baseadas en software libre e de fontes abertas (FLOSS, de Free/Libre/Open Source Software), así como os estándares abertos.

Cunha dotación específica e cunha forte integración nas liñas de traballo definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, o Plan de Acción  gozou dun alto grao de execución e transversalidade, constituíndose nunha ferramenta de gran utilidade na unificación, racionalización e mellora das iniciativas TIC promovidas dende a Xunta de Galicia.

Piares da nosa Sociedade, como a Educación ou o tecido empresarial, foron e están a ser obxectivo de actuacións de enorme calado como o Proxecto Abalar ou o Centro Demostrador TIC, e en todas elas o Software Libre e de Fontes Abertas está a ter un papel protagonista.

Á vista está pois que o esforzo conxunto e coordinado na promoción do Software Libre está a dar os seus froitos, permitindo aumentar a eficiencia no investimento TIC, a modernización da administración pública e favorecendo o achegamento da Sociedade do Coñecemento á cidadanía galega.

Este é o camiño emprendido mediante o Plan de Acción, cuxos resultados inmediatos pasan a ser expostos no seguinte informe.

Organismo promotor: Amtega