Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Balance de execución 2010-2014. Plan Senda 2014

No presente documento analízanse os logros conseguidos co desenvolvemento do Plan de Sistemas TIC da Administración de Xustiza en Galicia “SENDA 2014”, folla de ruta que comezou fai catro anos, co obxectivo de evolucionar cara un modelo integral de sistemas da Administración de Xustiza en Galicia, adaptado ás necesidades da propia comunidade, garantindo a coordinación e interoperabilidade con todas as institucións da Administración de Xustiza e o resto das CCAA.

13/11/2014

O balance de execución do Plan Senda 2014 recolle o nivel de execución e desenvolvemento do Plan de Sistemas 2010-2014, posto en marcha no ano 2010 co obxectivo de modernizar a administración de xustiza en Galicia. O documento céntrase tanto nas actividades realizadas e nos logros acadados, coma naqueles aspectos nos que será necesario traballar no futuro.

A execución do Plan Senda 2014 foi promovida desde a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O Plan púxose en práctica a través de 6 liñas de actuación: nodo tecnolóxico, equipamento e medios, sistemas de información, seguridade, servizos TIC e formación e implantación. O desenvolvemento das mesmas permitiu a consecución dunha serie de resultados que se poderían resumir nos seguintes:

  • Ampliación da rede de comunicacións da Administración de Xustiza en Galicia.
  • Centralización nun centro de proceso de datos único do aloxamento e administración da meirande parte dos sistemas xudiciais.
  • Posta en marcha da rede de sistemas de videoconferencia.
  • Renovación integral dos medios TIC no posto de traballo.
  • Implantación do Sistema Minerva NOX en todas as sedes xudiciais.
  • Implantación e actualización do Sistema de Xestión das Fiscalías.
  • Implantación dos sistemas de comunicacións electrónicas securizadas Lexnet.
  • Informatización da actividade administrativa do Instituto de Medicina Legal de Galicia.
  • Informatización do rexistro civil en liña.
  • Creación dun Centro de Soporte aos Usuarios.
  • Máis de 1.300 cursos a todos os colectivos de usuarios.
  • Acreditación dixital da totalidade dos profesionais da administración de Xustiza en Galicia.
  • A práctica totalidade dos trámites inícianse de forma telemática.

As liñas de traballo futuras xa están definidas, baseándose na elaboración dun novo Plan de Sistemas TIC e na participación no Comité Técnico Estatal da Administración Electrónica Xudicial.

Para máis información pode consultar o texto íntegro do documento.

Organismo promotor: AMTEGA