Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Balance Abalar 2010-2014

O Proxecto ABALAR é a estratexia de integración das TIC na práctica educativa de Galicia, como medio para a mellora da calidade do sistema educativo galego, a través da transformación das aulas tradicionais en dixitais, e coa implicación de toda a comunidade educativa

09/04/2014

Desde 2010 o Proxecto Abalar avanzou en:

- No eixo de Equipamento e infraestruturas, 2.300 aulas equipadas e 50.000 alumnos beneficiados (57% dos 87.000 alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO).

- No eixo de Formación e fomento da cultura dixital formáronse a máis de 22.000 docentes, e impartíronse actividades destinadas a alumnado, profesorado e familias (Navega con Rumbo), en 668 centros.

- No eixo de Contidos Educativos Dixitais, o Repositorio de Contidos Dixitais de espazoAbalar,  ten á disposición da comunidade educativa máis de 2.000 recursos educativos dixitais complementarios (para todos os niveis educativos e en 7 idiomas).

- No eixo de Participación e Difusión, púxose en marcha o espazoAbalar, o punto de encontro na rede da comunidade educativa con 1 millón visitas anuais, e estenderase a todos os centros educativos o uso de novas canles de comunicación a través da plataforma abalarMóbil, que na actualidade esta dispoñible en 13 centros.

No documento íntegro analizase polo miúdo o estado actual e previsión 2014 das actuacións en cada un dos eixos.

Organismo promotor: Consellería de Cultura, Educación e Ordeación Universitaria e Amtega