Adhesión de Galicia ao Convenio do “Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade no ámbito da Administración da Xustiza (EJIS)”

Adhesión de Galicia ao Convenio do “Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade no ámbito da Administración da Xustiza (EJIS)”

Hoxe, día 10 de decembro de 2009, a Xunta de Galicia adhírese ao proceso para aumentar a efectividade na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito xudicial coa firma da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, en Madrid a adhesión de Galicia ao Convenio do “Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade no ámbito da Administración da Xustiza (EJIS)”. Este acordo ten o seu punto de partida no mes de setembro, cando foi asinado polo presidente do CGPJ e do Tribunal Supremo, Carlos Dívar, o ministro de Justicia, Francisco Caamaño, e o Fiscal General del Estado, Cándido Conde-Pumpido.

Hoxe, día 10 de decembro de 2009, a Xunta de Galicia adhírese ao proceso para aumentar a efectividade na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito xudicial coa firma da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, en Madrid a adhesión de Galicia ao Convenio do “Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade no ámbito da Administración da Xustiza (EJIS)”. Este acordo ten o seu punto de partida no mes de setembro, cando foi asinado polo presidente do CGPJ e do Tribunal Supremo, Carlos Dívar, o ministro de Justicia, Francisco Caamaño, e o Fiscal General del Estado, Cándido Conde-Pumpido.

O EJIS (Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade), foi asinado en setembro polo presidente do CGPJ e do Tribunal Supremo, Carlos Dívar, o ministro de Justicia, Francisco Caamaño, e o Fiscal General del Estado, Cándido Conde-Pumpido. A iniciativa, apoiada por outras dez comunidades, pretende avanzar no expediente xudicial electrónico e na modernización e axilidade dos procedementos xudiciais. Búscase, tamén, facilitar o máximo aproveitamento das tecnoloxías da información e as comunicacións na actividade xudicial, en condicións de eficacia, eficiencia, racionalidade económica e calidade. A intención é aunar esforzos por parte de todas as administracións implicadas para acadar o obxectivo de interoperar os distintos sistemas informáticos existentes. A Xunta reforza, así, o seu compromiso co proceso de modernización da Xustiza, iniciado co Plan de medidas urxentese continuado co Plan de Sistemas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación para a Xustiza. Este acordo busca reforzar a colaboración, no tocante ás tecnoloxías da comunicación e da información no ámbito xudicial, entre as mencionadas institucións e as comunidades autónomas adscritas ao mesmo, entre as que, ademais de Galicia –que foi unha das primeiras en anunciar a súa conformidade-, atópanse Cataluña, País Vasco, Andalucía, Canarias, Valencia, Navarra, Madrid, Cantabria, Asturias e Aragón.

Así, coa posta en marcha do EJIS perséguese o funcionamento integrado e conxunto de todas as aplicacións informáticas ao servizo da Administración de Xustiza, namentres que as comunidades autónomas participantes comprométense a traballar colexiadamente e a compartir esforzos para acadar o obxectivo común de que os sistemas de información da xustiza poidan interoperar adecuadamente.

Neste sentido, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, reforza o seu compromiso co proceso de modernización da Xustiza, ámbito no que ven traballando nos últimos meses a través, primeiro, do desenrolo do Plan de medidas urxentes, e agora co próximo inicio do Plan de Sistemas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación para a Xustiza, continuación daquel.

Incorporar á Xustiza o máximo aproveitamento das tecnoloxías
Coa firma deste Acordo perséguese que a interoperabilidade e a seguridade contribúan a mellorar a eficiencia dos servizos públicos de atención ao cidadán e o propio funcionamento interno da Administración de Xustiza. Tamén se evita a duplicidade de esforzos, o que permite que as administracións competentes poidan cooperar na resolución dos procedementos, ao tempo que colaboran en dotarse dos mellores medios para iso.

A finalidade do convenio é facilitar o máximo aproveitamento das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) na actividade xudicial, en condicións de eficacia, eficiencia, racionalidade económica e calidade, empregando as plataformas tecnolóxicas e as aplicacións informáticas precisas.

A intención é aunar esforzos por parte de todas as administracións implicadas para acadar o obxectivo de interoperar os distintos sistemas informáticos existentes con todas as garantías de seguridade e tendo en conta os medios técnicos existentes para facilitar a interconexión entre eles.

As institucións e comunidades autónomas que colaboran neste proxecto son sabedoras de que a Administración de Xustiza non pode quedar ao marxe deste proceso de modernización e debe seguir o camiño iniciado noutros ámbitos da Administración se quere prestar un servizo público eficaz, eficiente e de calidade; non só ao cidadán, senón a todo o persoal da Administración xudicial. E todo iso, sen deixar ao marxe as medidas de seguridade oportunas que garantan o seu correcto funcionamento. 

Organismo promotor: Xunta de Galicia