Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Adenda ó Convenio bilateral de colaboración entre a Entidade Pública Red.es e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento do programa "Rexistro civil en liña" incluido no Plan Avanza

O proxecto do Rexistro Civil en Liña ten coma obxectivo principal axilizar e mellorar a calidade do servizos prestados polos rexistros civís e os xulgados de paz, grazas ao emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Ao mesmo tempo, axuda ao cumprimento do establecido pola lexislación para o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Este programa dixitaliza todos os manuscritos de cada un dos órganos rexistrais facilitando aos cidadáns os trámites nos rexistros civís e supón un paso máis cara a un rexistro máis moderno, áxil, transparente e eficaz.

31/12/2009

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a entidade pública empresarial Red.es asinaron unha adenda ao Convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa "Rexistro civil en liña" incluído no Plan Avanza.

Coa firma desta adenda a vixencia do Convenio marco prorrógase até o 31 de decembro de 2010.

O proxecto do Rexistro Civil en liña ten como obxectivo principal axilizar e mellorar a calidade dos servizos prestados polos rexistros civís e os xulgados de paz, grazas ao emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Ao mesmo tempo, axuda ao cumprimento do establecido pola lexislación para o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Estas actuacións están destinadas a incorporar definitivamente o Rexistro Civil á sociedade da información e, en particular, a acelerar a efectiva integración do TIC nos xulgados de paz de Galicia.

En concreto, as actuacións que se realizarán son:

    * Dotar de conectividade, equipamento informático e soporte os xulgados de paz de Galicia.
    * Implantar nos xulgados de paz a aplicación informática INFOREG e formación para o seu uso.
    * Execución do proxecto de gravación e dixitalización dos libros rexistrais.

Asinan a adenda ao convenio a secretaría xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o director xeral da entidade pública empresarial Red.es.

 

Organismo promotor: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e Xunta de Galicia