Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Addenda ao Convenio Multilateral de Colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Entidade Pública Empresarial Red.es para a extensión do acceso á banda larga ultrarrápida dos centros docentes españois

Addenda ao convenio asinada o 28 de decembro de 2017 entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Entidade Pública Empresarial Red.es

28/12/2017

A presente Addenda fai referencia ao Convenio Multilateral asinado o 16 de decembro de 2015, no que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Entidade Pública Empresarial Red acordaron a extensión de acceso á banda larga ultrarrápida nos centros docentes españois. A Cláusula Undécima deste Convenio Multilateral establecía que a súa vixencia se estendería ata o 31 de decembro de 2017. Non obstante, na Comisión de Seguimento do Convenio Multilateral celebrada o19 de setembro de 2017, propúxose adecuar a duración do convenio á vixencia do Convenio Marco, dispoñendo así do prazo necesario para a efectiva execución dos traballos previstos.

Para tal fin asínase o presente documento, que establece a correspondete modificación da Cláusula Undécima de vixencia do convenio, que queda redactada do seguiente xeito: "O presente Convenio surtirá efectos dende o momento da súa firma e extenderá a súa vixencia ata o 30 de marzo de 2019, puidendo prorrogarse por acordo das Partes por un período de ata 4 anos adicionais, o cal deberá instrumentarse mediante a subscrición de Adendas ao presente Convenio. Sen prexuízo do anterior, continuarase coa execución, ata á súa conclusión, das actuación que se encontren iniciadas á data de fin de vixencia do convenio".

A adecuación do convenio ás tarefas previstas, así como a execución das actuacións pendentes, non suporá custo económico algún para a Amtega.