Addenda ao convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e Telefónica de España, S.A.U. para o deseño, desenvolvemento e lanzamento dun programa de apoio ao desenvolvemento de iniciativas de emprendemento en Galicia polo que se establece un prog

Addenda ao convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e Telefónica de España, S.A.U. para o deseño, desenvolvemento e lanzamento dun programa de apoio ao desenvolvemento de iniciativas de emprendemento en Galicia polo que se establece un programa de incentivos á excelencia emprendedora en materia TIC

Addenda asinada o 12 de maio de 2014 entre a Xunta de Galicia e Telefónica co obxectivo de determinar o marco de colaboración entre as partes para o establecemento dun programa de incentivos á excelencia emprendedora en materia TIC que sirva de estímulo para o fomento de iniciativas de proxectos con alto potencial de crecemento e impacto a longo prazo no ámbito territorial de Galicia e que, á súa vez, permita o descubrimento de talento e o fortalecemento do tecido empresarial galego.

O 11 de decembro de 2013, a Xunta de Galicia e Telefónica de España, S.A.U., subscribiron un convenio que ten por obxecto sentar as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia e Telefónica para o deseño, xeración e o desenvolvemento dun programa de incentivación e apoio ao desenvolvemento de iniciativas emprendedoras en Galicia, detectando iniciativas de proxectos de alto potencial de crecemento, con impacto a longo prazo no ámbito territorial de Galicia e que, á súa vez, permita o descubrimento de talento e o fortalecemento do tecido empresarial galego.

Ao amparo do devandito convenio, a Axencia para a Modernización de Galicia asumiu como obrigacións:

-Dirixir e coordinar a participación dos distintos entes e organismos públicos no programa.
-Pór a disposición o Centro Demostrador TIC para a presentación e divulgación dos proxectos seleccionados.
-Facilitar a Telefónica apoio na comunicación e difusión da convocatoria a través da súa páxina web.

A presente addenda non suporá achega económica algunha para a Amtega.

Organismo promotor: Xunta de Galicia e Telefónica de España, S.A.U.