Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Addenda ao convenio marco de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Vodafone España

Addenda asinada o 09 de xullo de 2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Vodafone España

09/07/2021


A presente addenda ten por obxecto regular a colaboración entre a AMTEGA, a CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN e a FUNDACIÓN VODAFONE, en relación co Proxecto “DigiCraft no teu cole” (en diante, o “Proxecto”), consistente na implementación do Programa DigiCraft nun máximo de 50 centros escolares novos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que impartan Educación Primaria (en diante, os “Centros”), durante os cursos académicos 2021-2022 e 2022-2023, no marco do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia – DigiTalent, así como manter a participación no proxecto dos centros que se incorporaron nos cursos 2019-2020 e 2020-2021.

Esta implementación articularase mediante unha convocatoria que recollerá a ampliación de novos centros participantes no proxecto e a permanencia dos centros incorporados en cursos anteriores. 

O presente Convenio entrará en vigor o día da súa firma e manterase en vigor até o 31 de xullo de 2023, podendo as Partes prorrogar a súa vixencia mediante acordo expreso e escrito. Non se entenderá que o mesmo foi prorrogado ou reconducido sen o previo, expreso e escrito consentimento de todas as Partes.

As Partes expresamente acordan e manifestan que a subscrición da presente adenda non implica en por si a obrigación de realizar ningún tipo de contraprestación económica por ningunha das Partes.