Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Addenda ao Convenio de Colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización de Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para continuar cos traballos do portal xurídico galego e da base de datos de lexislación galega consolidada

Addenda ao convenio asinada o 29 de decembro de 2017 entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela

29/12/2017

A presente Addenda ten como finalidade prorrogar a vixencia do convenio de colaboración firmado o día 8 de xuño de 2017 entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Amtega e a Universidade de Santiago de Compostela, de forma que poidan continuar os traballos de consolidación e actualización da normativa xurídica galega e da incorporación doutras normas de ámbito estatal en galego (Código civil, Código penal, Lei de axuizamento civil...) e, así mesmo, dotar o portal xurídico doutros recursos e da información xurídica de relevancia para o público en xeral.

Neste novo documento detállanse as responsabilidade do proxecto e tarefas asignadas ás partes asinantes, así como as achegas económicas que sirvan de financiamento para o persoal asignado ao proxecto.

Esta addenda terá vixencia ata o 31 de decembro de 2018.

Este convenio non supón custo económico algún para a Amtega.