Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Acordo de Colaboración entre a Consellería do Medio Rural, e a Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o financiamento e sustentabilidade dos sistemas de información en relación ás inspeccións dos veterinarios, indemnizacións de animais no marco dos programas de erradicación e movementos de animais, no eido da gandería

Acordo de colaboración asinado o 3 de xullo de 2017 entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

03/07/2017

O obxecto deste acordo de colaboración é establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agrialimentarias, e a Amtega no desenvolvemento de determinados sistemas de información da devandita Dirección xeral, para o cal é preciso empregar determinadas actuacións en materia tecnolóxica.

No documento recóllese o financiamento total destinado á execución dos proxectos, así como as actividades a desenvolver, que se relacionarán principalmente coa xestión de inspeccións e indemnizacións e a xestión de actividades relativas ao movemento pecuario.

A vixencia deste acordo estenderase ata o momento que cese o desenvolvemento das actuacións previtas, fixando como data límite o 31 de decembro de 2018.

Este convenio non supón custo económico algún para a Amtega.