Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento e implantación dun sistema de información de soporte para os procesos electorais das confrarías de pescadores de Galicia

Acordo de colaboración asinado o 26/10/2021 entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

26/10/2021
 
O obxecto deste acordo é establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento e implantación dun sistema de información que de apoio e favoreza a dinamización da información nos procesos electorais a membros dos órganos reitores das confrarías de pescadores e das súas agrupacións sectoriais, mediante o establecemento dunha canle de comunicación no que se poda trasladar aos membros das confrarías de pescadores información detallada, instantánea e por sectores.
 
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
 
O importe da achega da Consellería do Mar para a execución do obxecto mencionado na cláusula primeira ascenderá a un máximo de trinta e catro mil euros (34.000 €), IVE incluído, para os anos 2021 e 2022.
Estes importes serán obxecto de retención de crédito nas seguintes aplicacións orzamentarias e proxectos do seu orzamento:

Aplicación orzamentaria

Ano 2021

Ano 2022

15.03.722A.640.3

Código de Proxecto   2014-00639

17.000 €

17.000 €

 
Posteriormente á formalización do acordo, levarase a cabo a modificación orzamentaria correspondente na aplicación 04.10.571A.732.00 da Secretaría Xeral da Presidencia, con correlativa ampliación de crédito na aplicación 04.A1.571A.626.0, código de proxecto 2014 00005, dos orzamentos da Amtega para as anualidades 2021 e 2022.
 
Este acordo producirá os seus efectos a partir da data da súa sinatura e a súa vixencia estenderase ata o momento que cese o desenvolvemento nel previsto, e como data límite o 31 de decembro de 2022.