Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Acordo de Colaboración entre a Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o inicio da prestación dos servizos de interoperabilidade da renda de inclusión social de Galicia

Convenio de Colaboración asinado o 13 de xuño de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Política Social

13/06/2018


O presente acordo entre a Consellería de Política Social e a Amtega ten como obxecto o inicio da prestación do servizo de intercambio de datos da Renda de Inclusión Social de Galicia, a través do nodo de interoperabilidade de Galicia pasaXe!, de conformidade co establecido no presente acordo e na normativa aplicable na materia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Acordo de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A vixencia deste acordo estenderase catro anos dende a súa sinatura.

Este acordo non supón custo económico algún para a Amtega.