Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento de sistemas de información de apoio na xestión dos instrumentos de recuperación da terra agraria de Galicia
Acordo de colaboración asinado o 03/05/2021 entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
O obxecto deste acordo é establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento do proxecto “Sistemas de información de xestión dos instrumentos e procedementos de xestión de recuperación da terra agraria de Galicia”.
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
O importe da achega de AGADER para a execución dos proxectos que se describen na cláusula terceira ascenderá a un máximo de SETECENTOS MIL EUROS (700.000 €), IVE incluído, coa seguinte distribución por anualidades:
Anualidade |
Importe |
Aplicación orzamentaria |
2021 |
190.000 € |
14.A1.712A.640.0 (código proxecto 2021 0004) |
2022 |
510.000 € |
|
TOTAL |
700.000 € |
Este importe, será obxecto de retención de crédito segundo a distribución por anualidades indicada para a súa posterior baixa, na seguinte aplicación orzamentaria 14.A1.712A.640.0 (código proxecto 2021 0004) dos orzamentos de AGADER.
Posteriormente á formalización do presente acordo, remitirase á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos este acordo xunto coa documentación pertinente, para que se leve a cabo a modificación orzamentaria correspondente na aplicación 04.10.571A.732.00 da Secretaría Xeral da Presidencia, con correlativa ampliación de crédito na aplicación 04.A1.571A.626.0, código de proxecto 2014-00005, dos orzamentos da AMTEGA para as anualidades 2021 e 2022.
Este acordo producirá os seus efectos a partir da data da súa sinatura e a súa vixencia estenderase ata o momento que finalice a execución de todos os traballos previstos, con data límite o 31 de decembro de 2022.