Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre, para o desenvolvemento do Software Libre en Galicia

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre, para o desenvolvemento do Software Libre en Galicia

Asinado o 18 de maio de 2017 entre a Amtega e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre

Asinado o 18 de maio de 2017 entre a Amtega e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre

O presente Convenio de colaboración ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento do uso e divulgación do software e hardware libre en Galicia.

Para cumprir con esta finalidade se levarán a cabo unha serie de actuacións, que son:

  • Organización ou participación activa en congresos, xornadas, conferencias, obradoiros ou eventos similares, de promoción e divulgación do software e hardware libre.
  • Asistencia a congresos, xornadas, ... de recoñecido prestixio dentro da comunidade do Software Libre.
  • Elaboración de contidos divulgativos e/ou formativos, que deberán publicarse cunha licenza de documentación libre aprobada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
  • Desenvolvemento ou localización de proxectos de Software Libre que puidesen resultar de interese para a consecución dos obxectivos perseguidos neste convenio.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de ata un máximo de 30.000 euros.