Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia para o apoio ás actividades en materia de Software Libre

Asinado o 19 de abril de 2017 entre a Amtega e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia

19/04/2017

O presente convenio ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia. As actuacións que se desenvolverán en base a este convenio son as seguintes:

  • Accións de formación sobre aplicacións específicas en software libre, así como formación técnica orientada ao persoal de soporte das aulas.
  • Elaboración e adaptación de maquetas e recompilacións instalábeis de software libre que contribúan a incrementar o coñecemento e o nivel formativo de distintos colectivos sociais no uso do software libre.
  • Realización de labores de difusión podendo empregar con este fin, os seguintes medios: reforzamento do actual repositorio de software libre, reelaboración de contidos procedentes de fontes externas para a súa posta a disposición a través do mesmo, así como publicación dos resultados das actuacións desenvolvidas.
  • Organización de eventos para a difusión de contidos ou ferramentas e para a promoción de iniciativas que resulten de interese específico, así como apoio na organización de eventos considerados de interese pola Amtega, relacionados co software libre.
  • Asesoramento á comunidade universitaria e á sociedade en xeral sobre aspectos relacionados co software libre.
  • Realización de proxectos de desenvolvemento no ámbito da universidade para a difusión e incremento do uso do software libre nas mesmas, como por exemplo proxectos de migración do software de xestión, instalación de software libre nas aulas.
  • Fomento da produción de documentación en galego e tradución de aplicacións de software libre mediante accións directas de dinamización nos contornos empresariais e universitarios, establecendo medidas de incentivo e recoñecemento.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de ata un máximo de 55.000 euros.