Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información

Asinado o 31 de marzo de 2017 entre a Amtega e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

31/03/2017

O presente convenio ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento da Sociedade da Información en Galicia. As actuacións que se desenvolverán en base a este convenio son as seguintes:

  • Estudo sobre a calidade do servizo das redes de acceso de banda larga existentes en Galicia.
  • Actividades de divulgación e asesoramento cara á Administración Local e outros axentes implicados no despregue de infraestruturas de telecomunicacións, así como, na instalación de infraestruturas en edificios públicos e do Fogar Dixital.
  • Actividades de difusión.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de ata un máximo de 65.000 euros.