Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información

Asinado o 22 de marzo de 2017 entre a Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

22/03/2017

O presente convenio ten por obxecto a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia. As actuacións que se desenvolverán en base a este convenio son as seguintes:

  • Actividades e accións de difusión da Sociedade Dixital en Galicia.
  • Creación dunha “wiki” sobre a Historia da Informática en Galicia.
  • Transformación Dixital e talento, onde se encadran unha Xornada Transformación Dixital e talento, así como Sesións divulgativas sobre as profesións tecnolóxicas.
  • Programa Rapaciñ@s, onde se encadran Sesións formativas sobre os perigos na rede e Xornadas de robótica educativa para nenos.
  • Xornadas formativas a empregados públicos.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de ata un máximo de 65.000 euros.