Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Axencia Galega de Innovación e Redes de Telecomunicación Galegas RETEGAL, S.A. para a realización de determinadas actu

Asinado o 21 de febreiro de 2017 entre a Amtega, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Axencia Galega de Innovación e Redes de Telecomunicación Galegas RETEGAL, S.A.

21/02/2017

O presente convenio ten por obxecto a cesión da xestión, explotación e mantemento das infraestruturas e redes indicadas nos Anexos I e II, nos termos e condicións establecidos neste convenio.

As infraestruturas e redes mencionadas engloban tanto aquelas infraestruturas e redes construídas ao amparo do PdBL 2010-2013 que na actualidade están a ser xestionadas por Retegal de conformidade coas previsións contidas na encomenda da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica a Retegal, con data 10 de maio de 2010, e de conformidade co establecido no seu Plan de Negocio (Anexo I), así como 18 centros de telecomunicación pertencentes a Amtega e GAIN adicionais aos xa xestionados (Anexo II).

En virtude deste convenio, a Amtega, AGADER e GAIN ceden a RETEGAL, durante toda a vixencia do presente convenio, a xestión, explotación e mantemento das infraestruturas e redes da súa titularidade indicadas nos Anexos I e II.

Doutra banda, Retegal asume a xestión, explotación e mantemento das infraestruturas e redes relacionadas nos Anexos I e II, asumindo os gastos necesarios para a conservación das infraestruturas e redes, así como as responsabilidades que poidan derivarse da explotación das mesmas.

O convenio non supón custo algún para a Amtega.