Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para o desenvolvemento de activ

Asinado o 16 de febreiro de 2017 entre a Amtega, Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Escola Galega de Administración Pública

16/02/2017

O presente convenio ten por obxecto a colaboración no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia, nas actuacións vinculadas ao Plan de Sistemas TIC da Administración de Xustiza en Galicia e á implantación dos novos modelos da oficina xudicial e fiscal.

As actuacións que se desenvolverán en base a este convenio son as seguintes:

  • Realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación.
  • Elaboración conxunta ou compartición de contidos e materiais formativos que poidan ser utilizados.
  • Aproveitamento de medios tecnolóxicos que poidan estar dispoñibles por calquera dos asinantes do convenio.
  • A achega de medios humanos ou materiais.
  • Cantas outras sexan consideradas de interese común, dentro da competencia e dispoñibilidade das partes, en relación á actividade obxecto do convenio.

O convenio non supón custo algún para a Amtega.