Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

Asinado o 4 de xaneiro de 2017 entre a Amtega e a Escola Galega de Administración Pública

04/01/2017

O presente convenio ten por obxecto a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da Amtega, así como a colaboración e desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes do mesmo; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

As actuacións que se desenvolverán en base a este convenio son as seguintes:

  • A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da Amtega, que fará a selección do referido persoal para cada actividade concreta.
  • Realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación.
  • Edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo.
  • Promover a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos.
  • Cantas outras sexan consideradas de interese común, dentro da competencia e dispoñibilidade das partes, en relación á actividade obxecto deste Convenio.

A sinatura deste convenio non implica compromiso de gasto para a Amtega.