Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Escola Galega de Administración Pública, a Axencia para a Modernización Te

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Escola Galega de Administración Pública, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación profesional dos Letrados da Xunta de Galicia, para a elaboración e distribución dun libro de comentarios á lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Asinado o 10 de maio de 2016 entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Escola Galega de Administración Pública, a Amtega e a Asociación Profesional dos Letrados da Xunta de Galicia

Asinado o 10 de maio de 2016 entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Escola Galega de Administración Pública, a Amtega e a Asociación Profesional dos Letrados da Xunta de Galicia

As actuacións que se desenvolverán en base a este convenio son:

  • Elaboración, edición e distribución conxunta dun libro sobre a lei 39/2015 dunha extensión aproximada de 500 páxinas estruturalmente e visualmente de doado seguimento.
  • Número inicial de exemplares da edición será de 300 libros.
  • Edición dos textos en galego segundo as normas da RAG e pensados para xestores xurídicos galego, polo que se poñerá en relación coa normativa de afectación en Galicia e con cita de xurisprudencia de influencia, a dos tribunais galegos (TSXG, por exemplo) e, no seu caso, do TS e TC, que sexa de interese.
  • Establecemento dunha Comisión Mixta de Seguimento para o bo desenvolvemento das actividades, integrada por representantes de cada unha das institucións.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 2.000 euros.