Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia para o apoio ás actividades en materia de software libre

Asinado o 25 de abril de 2016 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia co obxectivo de prestar apoio ás actividades en materia de software libre

25/04/2016

O presente convenio ten por finalidade o financiamento da realización de actuacións para o fomento do uso e divulgación do software libre no ámbito universitario en Galicia, entre as que destacan as seguintes:

  • Accións de formación sobre aplicacións específicas en software libre
  • Elaboración e adaptación de maquetas e recompilacións instalábeis de software libre
  • Realizacións de labores de difusión
  • Organización de eventos para a difusión de contidos ou ferramentas para a promoción de iniciativas que resulten de interese
  • Asesoramento á comunidade universitaria e á sociedade en xeral sobre aspectos relacionados co software libre
  • Realización de proxectos de desenvolvemento no ámbito da universidade para a difusión e incremento do uso de software libre
  • Fomento da produción de documentación en galego e tradución de aplicacións de software libre mediante accións directas de dinamización nos contornos empresariais e universitarios.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 55.000€

Organismo promotor: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia