Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do Software Libre e de fontes abertas e o uso

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do Software Libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos en Galicia

Asinado o 25 de abril de 2016 entre a Amtega e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre

Asinado o 25 de abril de 2016 entre a Amtega e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre

O presente Convenio de Colaboración entre a Amtega e Agasol, ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do Software Libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos en Galicia, para o fomento da Sociedade da Información en Galicia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración son as seguintes:

  • Organización da xornada “Conectar para Innovar”, que ten como finalidade organizar unha xornada, centrada en conectar e xerar encontros entre empresas de diferentes eidos da economía, facendo fincapé en empresas de base tecnolóxica que poidan conectar con outros sectores.
  • Actividades de apoio ao proceso de migración a software libre do posto de traballo do empregado público, que buscan dar apoio ao proceso de migración a software libre da ofimática e o navegador do posto de traballo do empregado público cuxo piloto, se levou a cabo no ano 2014.
  • Titorización respecto á certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), que ten como finalidade proporcionar apoio na resolución de dúbidas xurdidas e apoio xenérico para o alumnado que se inscriba nos cursos de formación para a obtención do Certificado de Competencias de Ofimática (CODIX) a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de ata un máximo de 40.000 euros.