Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade da información
Asinado o 31 de marzo 2016 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
31/03/2016
Este convenio asinouse coa finalidade de poñer en marcha actividades para o fomento da sociedade da información. As acción que se desenvolverán en base ao presente convenio son:
- Estudo sobre a calidade do servizo das redes de acceso de banda larga existentes en Galicia.
- Actividades de divulgación e asesoramento cara á Administración Local no despregue de infraestruturas de telecomunicacións.
- Actividades de Difusión.
As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 65.000 euros.