Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as asociacións galegas de usuarios de software libre, para o desenvolvemento do software libre en Galicia

Convenio asinado o 13 de maio de 2015 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as asociacións galegas de usuarios de software libre co obxectivo de promocionar o desenvolvemento do software libre en Galicia

13/05/2015

As actividades que se levarán a cabo en base a este convenio son:

-Organización ou participación activa en congresos, xornadas, conferencias, obradoiros ou eventos similares, de promoción e divulgación do Software Libre. A participación neste tipo de actividades deberá vir avalada pola importancia do evento nacional ou internacionalmente dentro da comunidade do Software Libre.

-Asistencia a congresos, xornadas,... de recoñecido prestixio dentro da comunidade do Software Libre.

-Elaboración de contidos divulgativos e/ou formativos, que deberán publicarse cunha licenza de documentación libre aprobada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Así mesmo, os fontes deste material deberán ser remitidos á dita en formatos abertos para que poidan ser difundidos a través das canles precisas ao efecto.

-Desenvolvemento de proxectos de Software Libre que puidesen resultar de interese para a consecución dos obxectivos perseguidos neste convenio. Calquera software desenvolvido no marco deste convenio deberá ser publicado cunha licenza libre aprobada pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative e publicado no Repositorio de Software Libre de Galicia.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 30.000 euros.

Organismo promotor: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as asociacións galegas de usuarios de software libre