Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do software libre e de fontes aberta

Convenio asinado o 13 de maio de 2015 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre co obxecto de financiar a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do software libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos en Galicia, para o fomento da Sociedade da Información en Galicia

13/05/2015

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración son as seguintes:

1. Organización das xornadas "Cara a modelos de negocio baseados en solucións TIC de Software Libre". Esta actuación ten como finalidade organizar unha xornada centrada en estudar como afecta o software libre aos sectores industriais desde unha perspectiva entorno a modelos de negocio e dirección de empresas.

2. Actividades de apoio ao proceso de migración a software libre do posto de traballo do empregado público.

3. Titorización respecto á certificación galega de competencias dixitais en ofimática, coa finalidade de proporcionar apoio na resolución de dúbidas xurdidas ao alumnado que se inscriba nos cursos de formación para a obtención do Certificado de Competencias de Ofimática a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 40.000 euros.

Organismo promotor: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre