Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías d

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia

Convenio asinado o 10 de abril de 2015 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, co obxectivo de levar a cabo actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito do sector das TIC

Convenio asinado o 10 de abril de 2015 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, co obxectivo de levar a cabo actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito do sector das TIC

As actuacións que se levarán a cabo en base ao presente convenio son:


-V Xornada de Informática Xudicial e delitos informáticos, a través da cal se pretende transmitir á sociedade a relación existente entre a informática e o ámbito xudicial, tanto pola natureza dos delitos como polas ferramentas para a súa investigación, persecución e condena; así como por de manifesto os últimos avances nesta materia.

-Dous seminarios sobre a protección de datos, e-administración e expediente electrónico, que teñen como obxectivo informar sobre os aspectos máis relevantes da normativa de protección de datos e da administración electrónica xudicial, así como dos importantes beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no proceso xudicial.

-A celebración do Scratch Day, co obxectivo de ofrecer un estímulo tanto a profesores como a alumnos para achegarse á programación da man de Scratch e buscar a superación tanto a nivel persoal como colectivo.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 34.000 euros.

Organismo promotor: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia