Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación para o Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade para a posta en marcha de actuacións para o fomento da innovación social dixital en Ga

Convenio asinado o 18 de marzo de 2015 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación para o Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade, para o deseño a execución e desenvolvemento dun programa integral de Innovación Social participativo de base TIC a partir da capacitación cidadá para a xestión de recursos de Innovación Social e da transformación do actual espazo TIC da Comunidade Autónoma en lugares de encontró para a participación social e o emprendemento colaborativo

18/03/2015

Este convenio ponse en marcha co obxectivo de levar a cabo as medidas recollidas no Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, en concreto as orientadas ao cumprimento dos fins e obxectivos do seu eixo terceiro, Innovación Social Dixital e Participativa. Así, preténdese a posta en marcha dunha serie de actuacións orientadas, por una banda, a desenvolver estratexias colaborativas e comunitarias que impulsen o papel da rede CeMIT como espazo de Innovación Social dixital propiciando a empregabilidade e o desenvolvemento local de Galicia e, por outro, a sensibilizar aos axentes do ecosistema dixital e á cidadanía sobre a importancia da súa participación nun novo modelo de ‘cidadanía dixital’ baseado na colaboración e a innovación social para dar resposta ás necesidades sociais a través da utilización das TIC para a posta en marcha de iniciativas innovadoras.


Estas actividades consistirán no deseño e posta en marcha dunha serie de pilotos, polo menos 5, que permitan difundir e asimilar o concepto de 'innovación social dixital e participativa', así como capacitar no uso de novas técnicas e ferramentas que faciliten a participación cidadá e o emprendemento social, involucrándoos en novas formas de pensar e facer, aplicadas á resolución de desafíos sociais. Celebraranse encontros provinciais entre os responsables das aulas CeMIT e os representantes das Administracións locais co fin de dar a coñecer esta nova forma de actuación na innovación social dixital. 

Outra das actuacións para realizar no ámbito do convenio, é o proxecto ACTing que busca a promoción do avellentamento activo a través das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Dentro do Programa Aprendizaxe Permanente do subprograma Leonardo da Vinci, ACTing consiste nunha transferencia a nivel internacional da metodoloxía do proxecto. Trátase dunha iniciativa europea que xestiona Fundetec e está destinada á alfabetización dixital de persoas maiores.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 20.000 euros.

Organismo promotor: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación para o Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade