Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

Convenio asinado o 2 de xaneiro de 2015 entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia co obxectivo de establecer fórmulas de colaboración no ámbito formativo, divulgador e investigador

02/01/2015

En base a este convenio desenvolveranse as seguintes actuacións:


-A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que fará a selección de persoal para cada actividade concreta.

-Realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios, e outras actividades de divulgación.

-Edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo. Ambas as dúas institucións comprométense a remitir un exemplar das súas publicacións periódicas á Biblioteca da outra, para a súa difusión.

-Promover a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos.

-Cantas outras sexan consideradas de interese común, dentro da competencia a dispoñibilidade das partes, en relación á actividade obxecto desde Convenio.

As actuacións do presente convenio non supoñen para a Amtega achega económica algunha.

Organismo promotor: Escola Galega de Administración Pública e Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia