Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Escola Galega de Administración Pública e a Federación de Servizos á cidadanía de CC.OO de Galicia, como entidade promotora de accións formativas de ofimática dentro d

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Escola Galega de Administración Pública e a Federación de Servizos á cidadanía de CC.OO de Galicia, como entidade promotora de accións formativas de ofimática dentro do marco do acordo de formación para o emprego das administracións públicas, para a certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Convenio asinado o 30 de maio de 2014 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Escola Galega de Administración Pública e a Federación de Servizos á cidadanía de CC.OO Galicia, que ten por obxectivo impulsar a capacitación e certificación dixital dos empregados públicos a través dun catálogo de accións formativas máis amplo.

Convenio asinado o 30 de maio de 2014 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Escola Galega de Administración Pública e a Federación de Servizos á cidadanía de CC.OO Galicia, que ten por obxectivo impulsar a capacitación e certificación dixital dos empregados públicos a través dun catálogo de accións formativas máis amplo.

Os obxectivos deste convenio de colaboración son, entre outros, mellorar a formación continua na administración pública, promover a actualización e perfeccionamento da cualificación profesional das persoas ao seu servizo, ampliar a formación normalizada estandarizada en ofimática, fortalecer a colaboración entre a Amtega e a EGAP no marco do convenio subscrito por ambas entidades e conxugar esforzos co obxectivo de non duplicar actuacións formativas similares ás financiadas pola administración e dirixidas aos empregados públicos.

Coa sinatura deste convenio, amplíanse os mecanismos de obtención da certificación galega CODIX Ofimática, asegurando sempre mediante unha proba presencial, que o alumnado teña adquiridas as competencias obxecto da certificación, coa participación directa da EGAP, como emisora do certificado de superación do Plan Formativo Ofimático de Galicia.

As actuacións do presente convenio non supoñen achega económica algunha.

Organismo promotor: Amtega, Escola Galega de Administración Pública e Federación de Servizos á cidadanía de CC.OO de Galicia