Convenio de colaboración entre a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

O presente Convenio de colaboración entre a AMTEGA e a EGAP, asinado o pasado 4 de xullo de 2012, ten por obxecto a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da AMTEGA, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada un deles, para un mellor cumprimento do fins de ambas dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega

A EGAP e a AMTEGA en virtude do disposto no convenio colaborarán en actividades relacionadas coa realización de formación, divulgación e investigación no ámbito das súas competencias. As modalidades de colaboración poderán consistir en participación nas actividades da EGAP do persoal da AMTEGA, realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios, e outras actividades de divulgación, edición conxunta de libros, publicacións ou documentos de traballo, promover a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos ou cantas outras sexan consideradas de interese común, dentro da competencia e dispoñibilidade das partes.

Organismo promotor: AMTEGA, Escola Galega de Administración Pública